Enxeñería Sen Fronteiras
Enxeñería Sen Fronteras (ESF) é unha Organización Non Gubernamental (ONG) adicada á cooperación ó desevolvemento que traballa para construír unha sociedade mundial xusta e solidaria e para pór a Tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento humano.
ESF é unha ONG pluridisciplinar, aconfesional e apartidista, formada por socios e voluntarios. Está estructurada en forma de federación de asociacións que comparten uns mesmos obxectivos e principios.
:: Obxectivos
En Enxeñería Sen Fronteiras sabemos que é tecnicamente posible cubrir as necesidades de alimentación, saúde, vivenda e educación. Apostamos por outro modelo de desenvolvemento que respecte o medio ambiente e poña en primeiro lugar ás persoas e ás comunidades.
Hai recursos suficientes para que todos podamos vivir dignamente, pero o reparto é desigual. Actualmente vivimos unha situación de desequilibrio como xamáis se dera:
- 1.100 millóns de persoas non dispoñen de acceso a auga potable
- 2.000 millóns de persoas non dispoñen de enerxía eléctrica.
Para superar a desigualdad precisamos unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e un compromiso activo cos esforzos necesarios para erradicala.
:: Acceso universal ós servizos básicos
A enxeñería é unha ferramenta esencial para o acceso universal ós servizos básicos, imprescindibles para unha vida digna. Por exemplo, o acceso á auga potable e ó saneamento ou a cobertura das necesidades mínimas de enerxía e comunicación son factores clave na loita contra a pobreza.
ISF quere contribuír ó cumprimento dos Obxectivos do Milenio das Nacións Unidas:
- Para o 2012: Satisfacer as necesidades enerxéticas de 2.000 millóns de persoas
- Para o 2015: Reducir á metade a poboación que vive baixo o umbral da pobreza
- Para o 2025: Conseguir cobertura global en abastecemento de auga, saneamento e hixiene.
:: Principios
TECNOLOXÍA para o DESENVOLVEMENTO HUMANO. Entendemos a técnica dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se xera e non como un fenómeno illado ou neutro. Incorporamos nos proxectos técnicas autóctonas e tecnologías apropiadas, para non crear dependencias externas e cuestionamos o uso histórico da tecnoloxía nas relacións Norte-Sur, apostando por unha tecnoloxía que potencie a dignidade das persoas e respecte o medio ambiente.
PARTICIPACIÓN. Traballamos contando co protagonismo das contrapartes e comunidades locais, adaptando as intervencións no terreo ás peculiaridades culturais e ós ritmos que o desenvolvemento sustentable require. A cooperación debe ser solicitada, liderada e plenamente aceptada polas contrapartes e a poboación destinataria, a cal participa no seu deseño e desenvolvemento.
CONCEPCIÓN INTEGRAL. Identificamos os factores sociais, económicos, técnicos, culturais, éticos, ambientais e políticos mediante equipos de traballo pluridisciplinares. Os planes de acción son así integrais e persiguen efectos multiplicadores para garantir a súa continuidade unha vez rematada a cooperación exterior.
EDUCACIÓN e INVESTIGACIÓN para DESENVOLVEMENTO. Ingeniería Sin Fronteras estudia as realidades onde leva ó cabo a súa acción e as divulga dando a palabra á súas contrapartes do Sur. ISF avalía o seu impacto, investiga e esfórzase en crear e apoiar iniciativas de transformación.

